Masa para pizza top!!

#Masas, panes y repostería 03 septiembre 2019

A receta que vos vou a pasar , non pertence a plataforma cookido, aínda que teríao totalmente merecido porque está boísima!!


Espero que vos guste tanto como a nós na casa. 


As cantidades dan suficiente para facer tres bolas de masa para  cadansúa  pizza.Normalmente o que fago é empregar dúas e outra conxeloa.Chega suficiente para nós, pero claro todo depende dos comensais!!


Os que non teñades Thermomix® podedes intentar de igual forma a facela pero xa vos digo que as condicións de amasado e fermentación nunca van a ser as mesmas que empregando a super máquina , jeje


Os ingredientes que vamos a empregar son os seguintes:


375 mililitros de auga 


75 mililitros de aceite de oliva


15 gramos de levadura prensada


600 gramos de fariña de forza


75 gramos de fariña de millo


2 culleres de sal e 2 de orégano


Sémola de trigo para espolvorear e axudar a que a masa quede como con asperezas que lle dan un toque comercial.


Preparamos na TM6


1. No vaso metemos a auga e o aceite, 2 minutos a velocidade 1


2. Engadimos a levadura, 4 segundos velocidade 4


3. Engadimos as fariñas o sal e o orégano, 4 min, velocidade de amasado espiga


4. Deixamos levedar ata que doble o seu volume.


TRUCO:: PARA ELIMINAR RESTOS DE MASA DO VASO E DAS CUCHILLAS , DALLE A VELOCIDADE MÁXIMA UNS SEGUNDOS. A MASA ACUMULADA NAS CUCHILLAS QUEDARÁ PEGADA AS PAREDES E SERACHE MÁIS SINXELO LIMPAR OS RESTOS. 


5. Prendemos o forno a 220 º 


6. Estirar a masa con rodillo e pinchar a masa cun tenedor .


7. Rechear co escollido e o forno durante 15-18 minutos.


A comer!!!